jeudi 7 juillet 2016

ÉLÈVES INSCRITS EN FRANÇAIS LANGUE ÉTRANGÈRE: OBTENCIÓN DELF SCOLAIRE EN LENGUA FRANCESA (Certificación que acredita los niveles A1, A2, B1, B2)


Os estudantes galegos poderán obter o diploma de estudos en lingua francesa grazas a un acordo entre a Consellería de Educación e a embaixada do país veciño
O conselleiro Román Rodríguez e mailo representante do Servizo de Cooperación e Acción Cultural do ente diplomático galo asinaron o convenio que permite a obtención do DELF Escolar
Poderá presentarse ás probas o alumnado de centros públicos matriculado nunha sección bilingüe de francés, que cursa o programa BachiBac de dobre homologación de diplomas, ou que teña o francés como primeira ou segunda lingua estranxeira
   O alumnado galego que curse estudos en centros de ensino secundario públicos da Comunidade Autónoma poderá obter o Diploma de Estudos en Lingua Francesa (DELF Escolar) grazas a un acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Educación e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España.
O convenio foi ratificado hoxe mesmo entre o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o representante da Embaixada e agregado cultural do Instituto Francés de España en Bilbao, M. Jean-André Viala, quen coincidiron en subliñar que este é un paso adiante cara unha ensinanza de calidade onde o coñecemento de idiomas é un requisito imprescindible no actual contexto de globalización.
Ao abeiro deste acordo, poderán presentarse aos exames do DELF Escolar nos niveis A1, A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCRL) todos aqueles alumnos de centros públicos que estean matriculados nunha sección bilingüe de francés, que cursen o programa BachiBac de dobre homologación de diplomas, e os que teñan a materia de francés como primeira ou segunda lingua estranxeira.

Source: www.edu.xunta.es/consellería